SII e SIBO
Estrinximento que xurde con diarrea, hinchazón abdominal, cólicos... sóache todo isto?
Se respondes que si e estás lendo isto é porque quizais teñas unha enfermidade inflamatoria intestinal (EII) como o síndrome de intestino irritable, colon irritable, ou SIBO (sobrecrecemento bacteriano).
O SIBO é unha patoloxía na que se produce unha disbiosis nas bacterias intestinais, aumentando un tipo de bacterias que debería estar en menor proporción (flora "maligna") e diminuíndo as bacterias "boas". Así, cando chega o alimento ao noso intestino, estas bacterias non poden realizar ben a súa función de asimilar o alimento e comeza a fermentar no intestino, xenerando gases e hinchazón debido ao tránsito intestinal irregular.
Por outro lado, o síndrome de intestino irritable é unha patoloxía que está moi ligada a situacións de estrés, xurde tamén por unha disbiosis da nosa microbiota. A sintomatoloxía é a mesma, pero neste caso, súmase o cólico ou dor de barriga.
O tratamento destas patoloxías pasa por seguir unha dieta baixa en FODMAPs, uns compoñentes presentes nalgúns alimentos os cales son máis propensos a fermentar ao chegar ao noso intestino. Realízase durante 3-4 semanas, que adoita ser o tempo necesario para normalizar a sintomatoloxía, e despois comézase a reintroducir cada grupo de FODMAPs un a un ata ver cal é o que o paciente non tolera ben para, ao final do proceso, retirar só ese da alimentación.
Esta dieta é o único tratamento que conta con evidencia científica para o tratamento destas patoloxías.




